Blogia
Odilo Gomez Parente

Capitulo XI Anovos Evanxélicos

CAPÍTULO UNDÉCIMO:ANOVOS EVANXÉLICOS

 

1.- Post nubila foebus                            6.- Así morreron familias enteiras

2,. De novo a tormenta                           7.- Faltan operarios  

3.- Á caza de misioneiros e cristiáns      8.- Grata sorpresa do misioneiro

4.- Peche hermético dos portos              9.-  Evolución do novo cristianismo

5.- Uns exemplos entre moitos              10 .- Colofón.Relato edificante

 

1.- Post nubila foebus

            A memoria dos santos mártires continuou alentando a fe dos cristiáns que quedaron no Xapón.As viúvas dos santos mártires continuaron tendo viva nas súas almas a fe,a pesar da persecución da que seguian sendo víctimas.Deste punto fala o Pai Ribadeneira:

            “En quen máis particularmente resplandeceu esta constancia foi nas mulleres e familia de algúns dos gloriosos mártires,porque non só tuveron azos pra acompañalos cando os levaron presos en Miaco,aturando moitos malos tratamentos do xentís,mais visitábanos no cárcere esforzándoos  pra o que habían de padecer ...Anque se vían soas e desamparadas considerábanse virtuosas en ser mulleres de mártires e máis cando viron que a todas xuntas as encerraron na igrexa e casa dos santos relixiosos e que,roubándolles canto tiñan nas súas casas,as ameazaban coa morte por seren cristiás e lles mandaban que,si tiñan algún tesouro dos frades,llo descubrisen,porque non crian os xentís que  os relixiosos tuvesen tanta pobreza como a que encontraron no seu convento.Nesta prisión,as mulleres,fillos e criados dos benditos mártires padeceron moito frio,porque lles quitaron a roupa e facíao daquela moi grande,e pasaron moita fame,porque os xentís que as gardaban,impedían que lles levasen esmolas,pensando que morreran,pero o Señor as esforzába e así soamente un ou dous nenos acabaron a vida por mor da extrema necesidade...As mulleres...foron soltas,e como non tuvesen de qué manterse,por orde do irmau Cosme e de outros cristiáns bautizados por os santos relixiosos fíxose unha casa a guisa de mosteiro onde coas súas esmolas eran sustentadas,vivindo elas religiosamente con propósito de non volveren casarse”( 1 )

            Non puderon os cristiáns esquecer a  memoria dos mártires e continuaron consagrando á súa memoria cada día 5 de febreiro,como escribe o Pai Ribadeneira:

“Estes mesmos cristiáns ordenaron en memoria dos gloriosos mártires,xuntárense nunha casa todos os meses do ano...o 5 do mes por haberen padecido os benditos mártires o 5 de febreiro e así este dia xúntanse e ten unha plática espiritual que fai algún dos máis entendidos e antigos na  fe lembrando a memoria do glorioso martirio,narrando as           virtudes dos que por  o  seu Deus  padeceron,pidíndolle  ó Señor  humildemente  que mande  frades ó Xapón”( 2 ).

            Como se demostra co anotado,os cristiáns quedáronse sin apoio humano no Xapón,sustentados únicamente por a fe recibida dos santos mártires que trataron de conservar e robustecer decididamente con medios como estes.Por a gracia de Deus non durou moito aquela proba.Moi pronto saiu o Pai Xeromo de Xesús do escondedoiro onde estaba encerrado por orde do santo comisario San Pedro Bautista.Cos azos dos apóstolos no dia de Pentecostés emprendeu de novo os traballos pra agrupar e animar ós cristiáns que estaban esperando un sinal do ceo capaz de facer tremer no inferno de”furor bárbaro”a alma de Taicosama.Narra o Pai Xeromo as súas primeiras impresiós dicindo:

“Atopeino todo quieto,e as mulleres dos mártires xa postas en libertade e os cristiáns moi quietos,e todo coma si soamente a persecución dos relixiosos fora ruido feito pra expulsar do Xapón a Relixión de San Francisco”( 3 ).

            A providencia divina non se amosou propicia a manifestación en público do Pai Xeromo de Xesús que debeu aturar a nova persecución que se levantou contra él e o obrigou a baixar de Osaka a Nagasaki e de alí a Macao e Filipinas,como xa deixo escrito.Os que foran causantes da persecución e morte dos santos mártires,non só non estaban arrepesos do seu mal feito,senón que persistian na súa teima persecutoria.

Non moitos meses despois de firmar a sentencia de morte contra os santos mártires,acabou os seus dias o tirano Taicosama sin que lle fora posible acabar coa fe cristiá coma o tentara coa súa sentencia.Alí mesmo a carón do seu pazo de Kioto continuaban os cristiáns retando o seu poderío coas súas xuntanzas cada 5 de febreiro pra recordarlle a data do fructífero holocausto de Nagasaki do que él era responsable.A pesar das súas ameazas a árbore da fe,regado co sangue dos santos mártires de Nagasaki seguía triunfante nos seus derradeiros dias de vida nesta terra e tamén despois de entregada a súa alma ó demo pra ser sepultada no inferno si é que Deus non interviu coa súa misericordia infinda.

            O Pai Xeromo de Xesús non se deu por vencido,senón que logrou que os seus superiores lle deran novo permiso pra regresar ó Xapón en maio de 1598 asemade co seu compañeiro Pai Lois Gómez de San Lois Palomino nun barco de xentís en vista de que os portugueses tíñanlle medo a prohibición so pena de cen ducados e da excomuñón que puxera 4o bispo.Na carta ó Pai Garrovillas narrou o Pai Xeromo a súa odisea,a prisión do Pai Gómez Palomino e o pregón público que se puxo en contra súa por orde dos xesuitas:

“¿Cómo direi que tuven paaciencia de ver preso ó meu bendito irmau Frai Gómez,como          en verme buscar por Miaco con pregón público só pena de morte de toda a rúa  que me dese  pousada?¿Cómo contarei o meterme entre buratos e baixo da terra e derradeiramente nun canaval cuia frialdade me penetrou de maneira que estuven mes e medio a morte,coma oir pregoar que quen me dese esmola ou asistise a misa estaba excomulgado? ¿Cómo crearán que un pobriño aturou e pasou tanto e vive”?(  4  ).

            De novo estaba en marcha a persecución proveniente dos mesmos de sempre que non eran outros máis cos xesuitas .Nunca o Pai Xeromo foi amigo de anunciar os nomes dos perseguidores.Sin embargo,esta persecución foi pouco duradeira,porque era chegado o momento no que de novo luciu o sol no Xapón.Despois da corta persecución,foi chamado o Pai Xeromo por o novo rei Ieiasu Tocugawa pra que traballara a favor das boas relaciós do Xapón con Manila.El mesmo informou de todo en carta desde Kioto o dia 20 do natal de 1598.

            Taicosama casara ó seu fillo de escasos cinco anos de idade coa filla do rei de Quanto,Ieiasu,e a este deixou gobernador universal con un consello de oito señores e con orde de que a él o adorasen coma deus.                            

            Ieiasu iniciou o seu mandato favorecendo ós cristiáns.Moi pronto comenzou o Pai Xeromo de Xesús a labor de reanimación dos fieis,estimulado por estos bos comenzos de Ieiasu e favor que lle dispensaba.A partir do mesmo momento da morte do tirano Taicosama no ano 1598 renaceu a paz que,malia ser breve,permitiu ver o florecemento da restauración emprendida por este franciscano acompañado de outros moitos irmaus seus a partir do ano 1601.

            Moi pronto Ieiasu enviou a Manila ó Pai Xeromo coa encomenda de establecer amigables relaciós comerciais con Filipinas.

            De regreso ó Xapón,inaugurou con unha misa o día 20 de maio de 1599 o primeiro dos hospitais en Iedo(Tokio).Tamén emprendeu a restauración das igrexas derrubadas e a construcción doutras novas.Puxo todo entusiasmo no coidado dos cristiáns carentes de quen os atendera espiritualmente.Xa deixo anotado como os mesmos cristiáns tiñan arranxada a súa vida relixiosa sin ninguén que coidara deles.Eran coma rabaño sin pastor.

            En 1602 chegou a Kioto o Pai Agostiño Rodríguez,superior comisario,con outros oito franciscanos.Catro deles que pasaron a Quanto,patria de Ieiasu,onde edificaron igrexa e hospital.En Kioto foi reedificado o anterior hospital en 1603.En 1608 foi edificado o de Wakaiama.Na mesma data fundou o Pai Alonso Muñoz o de Osaka.O derradeiro en ser edificado foi o de Suruga en 1612.En 1613 existian no Xapón 10 conventos franciscanos e 8  hospitais en Iedo,Nahasaki,Osaka, Kioto,Fushimi,Wakaiama,Suruga e Asakusa.

            As boas xestiós do Pai Xeromo de Xesús deron moi pronto froito xubiloso e de Filipinas comenzaron a pasar ó Xapón en número crecido relixiosos frnciscanos,dominicos e agustiños como demostración palmaria de que o sangue dos mártires era semente que xermolaba e se convertia en prodixiosa floración de novos cristiáns que encheron as cidades durante os poucos anos que,por desgracia,durou aquela tranquilidade.Todo facáa pensar nun longo período de paz fructífera,pero as cousas políticas cambiaron no Xapón.En loita contra o fillo de Taicosama e dos daimios que o apoiaban,dominaron a situación Ieiasu axudado por o seu fillo Hidatata moi inclinado tamén nun principio a favorecer ós misioneiros non se sabe por qué motivos.Incluso organizaron estes gobernantes unha vez afianzados no poder unha embaixada ó rei de España en 1610 que confiaron orixinalmente ó beato Lois Sotelo e que foi conducida finalmente por Pai Alonso Muñoz,comisario franciscano,que pasou a España acompañado doutros tres francis-canos chamados Pais Diego de Santa Catalina,Bartolomé Burguillos e Xoán Matute( 5 ).                 

            Pasaron estes tres relixiosos no mes de agosto de 1610 á corte de Felipe III de España.Saída a numerosa embaixada o día 28 de outubro de 1613,arribou a Acapulco o día 25 de xaneiro de 1614,a Sevilla,en agosto seguinte e a Nadrid,o día 20 de natal despois dunha viaxe feliz chea de agasallos ó embaixador Hasekura que recibiu o bautismo en función solemne no mosteiro madrileño das Descalzas Reais o día 17 de febreiro de 1615.O embaixador pidiu en nome do seu señor misioneiros franciscanos.O beato Lois Sotelo solicitou permiso pra pasar a Roma,a creación de bispos e creación dun seminario no Xapón,envio de misioneiros franciscanos e axuda de costa como se lles daba as misiós de outras partes das Indias e protección ó comercio entre España e Xapón.Era toda una lista ben estudiada,propia dun gran misioneiro(  6  )                             

 

2.- De novo a tormenta devastadora

A embaixada a España prolongouse durante varios anos,demora que deu tempo pra que o estado das cousas foran cambiando por mor de moitas circunstancias non nacidas esta vez no seo do cristianismo xaponés.A realidad foi que cando os embaixadores chegaron de regreso en 1617 atopáronse con que os misioneros todos foran desterrados.Eles mesmos foron tratados con desprecio sin que os gobernantes tuveran pra nada en conta os bos tratos recibidos por os seus emisarios que acompañaron ós relixiosos embaixadores nen as cartas do rei de España.

            Durante o primeiro decenio do século XVII ocurriron unha serie de sucesos que cómpre lembrar e destacar.En 1609 regresaba de Filipinas a España o gobernador Rodrigo de Viveiro despois de terminado o seu mandato naquelas illas.A nao capitana”San Francisco”e o patache”Santa Ana”naufragaron na costa xaponesa de Quanto con 300 homes a bordo.Viveiro pasou a corte pra ofrecerlle a súa amizade ó emperador a quen nun Memorial lle pidiu protección a prol dos misioneiros españois que vivían na súa terra e o peche dos portos ós herexes holandeses e ingleses que estaban campando por os seus respetos.Nunha capitulación logrou que o emperador sinalase un porto en Quanto pró comercio dos españois como o tiñan en Nagasaki os portugueses.Logrou permiso pra recalar tamén noutros portos e pra poder sondalos.

            É posible que obedecera a estas xestiós de Viveiro a viaxe que fixo en 1611 Sebastián Vizcaino ó Xapón.Saíu de Acapulco o día 22 de marzo de 1611 e arribou a Urangava e a corte xaponesa o dia 10 de xuño cunha escolta de 30 arcabuceiros e outros pormenores de aparato militar que todo foi do agrado do emperador.Facendo uso do permiso que éste lle dera,dedicouse ó sondeo dos portos con miras ó futuro comercio.

            Os  herexes aproveitaron estes traballos de Vizcaino pra  espallar a especie de que todo aquelo era sinal de guerra que adoitaban os españois como na  Nova España,Filipinas e Molucas.Efecto de todas aquelas calumnias que recordan os tempos de Taicosama,foi suspender o emperador as negociaciós con Vizcaino que se puxo en comunicación co poderoso rei de Boxu,Idate Masamune que era consogro de Ieiasu e que posiblemente actuou dacordo con él.Idate Masamune apresurouse a enviar a España e Roma unha vistosa embaixada composta por máis de 150 dos seus  poderosos súbditos presididos por o futuro mártir franciscano beato Lois Sotelo.A embaixada pasou en solicitude de misioneiros e de naos de comercio as que Masamune lles abría os portos da súa terra.

            Non se conoce a impresión que pudo causar en Ieiasu a comunicación de Vicaino con Masamune,pero é certo que a súa conducta cos españois cambiou.Os comerciantes herexes lograron inclinar ó seu favor o ánimo de Ieiasu.Non hai motivos pra pensar mal do comportamento de Masamune,a pesar das malas notas que dél ofrece o Pai Morexón(  7  ).

            Un accidente grave en Macao entre mariñeiros portugueses da  nao”Madre de Dios”do capitán Xoán Pessoa e xaponeses,veu complicar en 1610 as relaciós políticas.Sentíndose burlado o emperador por non poder tomar venganza de Pessoa en Nagasaki,baleirou o seu anoxo contra os españois,empurrado cada vez máis por os traficantes ingleses e holandeses que buscaban ouro onde os misioneiros españois únicamente buscaban amizade e almas.

            Por a aquel mesmo tempo ocurriu a rebelión de Xoán de Arima con un exército de cristiáns.Os comerciantes herexes aproveitaron todo pra incordiar e indispor a Hidetata, sucesor do seu pai Ieiasu.

 

3.- Á caza de misioneiros e de cristiáns

En 1613 iniciou a persecución dos franciscanos de Iedo(Tokio).O día 16 de agosto daquel ano tuvo lugar o martirio dos xaponeses Lucas Katame,Miguel Sasanda e de outros seis máis.Outros mártires daquel ano foron Xoaquín Fachiquan e sete compañeiros.O principal de todos foi o Pai Xoán de Santa Marta que fixo abundantes bautizados dos que foron martirizados 53 deles posteriormente en 1619.

            No Xapón matar homes non tiña meirande importancia e as veces ata resultaba unha tarefa entretida pra experimentar as katana,como xa deixo anotado A vista do sangue excita no lobo a paixón de matar e tamén a animalidade a excita nos homes que tiran a salvaxes.Posto Hidetata na pendente do seu salvaxismo e afán de perseguir cristiáns,pensou que o mellor modo de acabar coeles era o desterro dos misioneiros e a destrucción de todas as igrexas pra,deste modo,imposibilitarlles as xuntanzas ós cristiáns.En consecuencia deu un decreto no mes de natal do mesmo ano 1613 obrigando a que todos os relixiosos foran desterrados a Macao ou as Filipinas e todas as igrexas derrubadas,pra que non tuveran os cristiáns lugares onde axuntárense.

            Os relixiosos que puderon ser encontrados foron embarcados en Nagasaki de onde saíron con destino a India e Filipinas.Algúns agacháronse nas montañas da illa Kyushu de onde saíron ó pouco tempo disfrazados de soldados e de campesiños coa mala fortuna de ser delatados e feitos prisioneiros e máis tarde martirizados.Na península de Shimavara  foron perseguidos os cristiáns que eran case a totalidade da poboación.Continuou a persecución nas lllas Kyhusu e Hondo onde se encheron os cárceres.O que comenzara por desterro foi empeorando cada dia ata convertirse en crúa persecución contra todo o que levara o sinal do cristianismo.Naqueles momentos estaba o cristianismo extendido por a meirande parte do Xapón,concretamente en 40 dos 66 reinos existentes.En 1614 o franciscano beato Ricardo de Santana sinalou 600.000 cristiáns.En 1619 calculounos o gobernador de Filipinas,Rodrigo Viveiro,en 1.600.000.Os franciscanos,fundados en datos obxectivos,sinalaron como bautizados 15.000 entre os anos 1611 e 1614.

            Despois deste primeiro paso incomprensible en seres normales,tomaron un cariz totalmente inimigo as relaciós de Yeiasu e do seu fillo cos cristiáns.Pasados os  anos do primeiro decenio do século XVII un novo furacán subiou furioso ameazando con deboucar os anovos da árbore da fe cristiá e acabar de raiz coel afogándoo en sangue.A partir do ano 1614 a persecución desatouse feroz,causando número millonario de mártires,a maioría franciscanos das Ordes Primeira e Terceira e algúns das Ordes dominicana e agostiña que pasaran a xuntarse nos traballos evanxélicos ós franciscanos.Os pobos japoneses non se cansaron naqueles anos de dar fillos pró ceo,cuio elenco só parcial tratou de elaborar o Pai franciscano Lourenzo Pérez nunha serie de traballos históricos na Revista”Archivo Ibero Americano”.


Datos curiosos e merecentes de lamentar foron que no medio da persecución aínda

tuveron tuveron tempo e humor os xesuitas e dominicos pra enlearse en liortas de sacristía a causa de haber emprendido os primeiros persecución contra a Confraría do Rosario atendida por os segundos .Foi un incidente lamentable que deu moito que facer ós uns e ós outros nos días da terrible persecución que ameazaba con levalos a todos ó ceo(  8  ).

            Ainda continuaban os misioneiros portugueses sostendo aferradamente que só a eles  correspondía  a evanxelización do Xapón.Tiña mandado nas Constituciós feitas por él o xesuita Xoán Bautista Zola,poteriormente mártir,que ninguén recibira na súa casa a ningún misioneiro que non fora da Compañía,nen recibira os sacramentos de ningún outro fora dos xesuitas.Incluso quixo facer desaparecer a Confraría do Rosario en beneficio da Confraría do Nome de Xesús por é l fundada( 9 )

            En relación con este caso ata foi mester acudir ós tribunais con informaciós.E namentres estaban entretidos nestas tirapuxas,discutindo si eran  galgos ou podencos como na fábula,chegaron os buscadores de misioneiros e mandaron os protagonistas daquela tirapuxa dereitiños ó ceo onde as tirapuxas non continuaron,porque no ceo non hai diferencias.Ata parece increible que foran protagonistas destes feitos dous relixiosos que despois sufriron o martirio ambos a dous.

            Hidatata non tiña detención nos seus propósitos persecutorios e a partir do ano 1614 desatou a persecución con asañamento feroz,causando número case millonario de mártires,a maioria franciscanos das Ordes Primeira e Terceira,e tamén algúns dominicos e agostiños que pasaran ó Xapón a unirse ós franciscanos nos traballos evanxélicos.O progreso da persecución ameazaba con esnaquizar e esgallar completamente os anovos da árbore da fe e acabar con ela de raiz afogándoa en sangue.Os pobos xaponeses non se cansaron naqueles anos de dar fillos pró ceo.O elenco parcial deles tratou de elaboralo o Pai Lourenzo Pérez nunha serie de traballos destacando nun deles o martirio o día 16 de agosto de 1613 en Iedo dos xaponeses Lucas Katame,Miguel Sasanda e seis compañeiros;de Xoaquín Fachiquan e decesete máis,e do Pai Xoán de Santa Marta de quen deixo feita memoria.Outros moitos mártires houbo nos anos seguintes por o feito sinxelo de traballar cos misioneiros ou hospedalos ou colaborar con eles en calquera forma..    

            Xa non respiraba Hidetata máis ca odio contra todo o que amosara algún sinal cristián e a persecución foi en crecemento ata acadar proporciós grandes no ano 1622.Os verdugos non se cansaban de atormentar misioneiros e cristiáns cos máis crueis e prolongados tormentos.Acerca dun daqueles holocaustos escribe o beato Diego de San Francisco:

“Finalmente puxeron lume a leña,que era moi pouca e afastada cinco varas arredor dos santos mártires,e así os asaron con lume lento,e moito máis cruel martirio sin

comparación co de San Lourenzo,xa que,despois de mortos,moitos dos santos mártires non tiñan queimados os hábitos nen estaban moi tostados.Foi o santo martirio moi longo e penoso,que con comenzar a mediodía,algúns dos mártires non expiraron ata o canto do galo[media noite],pois nesa hora repetian moitas veces:Xesús,Xesús...Estaban mirando este espectáculo e santo martirio 40.000 cristiáns con grande devoción,quen rezando en voz alta,quen dicindo lamentaciós ó ceo,e a outros que se acercaban por ver e oir de cerca ós santos relixiosos,dábanlles con caxatos tales paus os verdugos e soldados,que lles facían grandes feridas,e a  outros deixábanos por mortos”( 10 ).

            Entre os anos 1614 e 1622 sufriron martirio máis de 300 entre relixiosos e cristiáns seculares.Foi no ano 1622 cando a  persecución cobrou un volume terrorífico,si é que o terror pudo ter cabida no ánimo dos cristiáns.Pra causar medo nos veciños de Nagasaki,cristiáns a maioria da poboazón,foron sacados no ano 1622 dos cárceres de Omura e levados a Nagasaki e alí degolados o día 10 de setembro 31 cristiáns e queimados outros 25.Este foi o primeiro acto dunha interminable lista de mártires sacrificados nas formas máis variadas,sañudas e  refinadas.A estes mártires primeiros seguiron outros en Omura,entre eles o franciscano beato Apolinar Franco asemade cos seus discípulos.

            Chegou algún momento no que  Hidetata non pudo durmir tranquilo,porque na súa mesa ata os graus de arroz se lle antoxaban cristiáns.Alviscábaos en todas partes a pesar dos case infinitos medios empleados pra acabar coeles

            .Prohibiu que os nobres recibiran a fe,e decretou a morte de toda a familia dos encubridores incluso dos nenos de peito.Esixiu o peche das rúas e os rexistros domiciliarios.Ós apóstatas esixíanselles fiadores xentís que os vixiaran e denunciaran en caso de arrepentimento.Varias veces ó ano deberían repetir a renuncia a fe.Púxose en práctica o diabólico procedimento do fumié(=pisar imaxe).Conforme con esto,os alguacís recorrían as rúas ó comenzo do ano xuntando a todos os membros de cada unha das familias que deberían por lista rigorosa pisotear un crucifico posto no chau.Desto escribíase un documento auténtico e selado que se gardaba nos arquivos oficiais.

            Seguindo o escritor franciscano Diego de San Francisco,resume o Pai Constantino Baile:

            “Confiscaciós e desterros;rexistros nas casas en busca de Pais ou de cruces;listas          rigorosas dos cristiáns...Prohibición de matar,porque máis ca mártires queríanse

            apóstatas.Tormentos,fame,inutilización pró traballo cortándolles  os dedos dos pes e

das maus e botalos a esmolar.Prohibición de acoller a ningún cristián nen darlle

             traballo Morte na cruz ós misioneiros,catequistas e hospedeiros coas súas mulleres        e fillos...Moitedumes vagantes por os campos cos meniños as costas,ateridos e

            famentos sin amparo contra a neve.Os que fuxían dun reino atopábanse cosfuxitivos

            doutros...Morte lenta,agravada con ver morrer ós seus as beiras dos caniños,ou nas

            choupanas do bosque de miseria e de frio”( 11 ).                         

            Despois de descubertos os cristiáns,eran sometidos a torturas as máis refinadas pra apóstatas máis ca morte dos corpos.Non se contentaban os verdugos co uso da katana que acababa dun golpe coa vida dun ou de varios mártires,senón que usaron serras de canas.A fogueira facíase con leña verde e afastada do corpo do mártir pra que durara máis o tormento.Interesaba ir así desecando pouco a pouco o corpo.Metían estelas de madeira entre as unllas e a carne ata o coteno dos dedos.Rociaban con auga sulfurosa fervendo ata destapar os osos.Mergullaban en auga xeada con exposición toda a noite ó vento xeado.Introducían no corpo a presión auga que logo facían saír con presiós violentas na barriga.Gravaban a cruz na fronte con ferro candente.Cravaban as portas da casa pra que morresen de fame.Sobre todo foi común o tormento da fosa encol da que eran suspendidos boca abaixo os mártires,coa ameaza de que sería considerado apóstata ó máis leve movemento.Non foi capaz de aturar este tormento o Provincial dos xesuitas Pai Cristóbal Silveira quen,tras apostatar,convertiuse en activo delator de cristiáns diante do tribunal da Inquisición que funcionaba contra eles.

            A conducta de Ieiasu fáiselle pouco menos que incomprensible a unha persoa normal.Dun interese apaixoado por a amizade cos españois tornouse inimigo mortal,sin que ninguén lle fixera nada que o merecera ¿Cousas de mentalidades distintas? Moi distintas sí que son as mentalidades orientais e occidentais,pero non é pra tanto como unhas mutaciós como do dia pra noite.Foi pra facer verdadeiro o aforismo corruptio optimi,pessima

            A animosidade contra os cristiáns chegou a tal punto en Ieiasu que cando en xuño de 1616 morreu,deixou recomendado ó seu fillo Hidatata que non cesara ata acabar con eles.O fillo seguiu a recomendación ó pe da letra.En 1622 fixo en só dous meses 90 mártires,entre eles 10 dominicos,6 franciscanos,1 agostiño e 12 xesuitas,e si non matou máis,foi porque non os atopou.Nos seus días foron buscados os misioneiros con afán de cas de caza,na convicción de que acabaría con eles e de que acabados,acabaríanse os cristiáns.Como exemplo do que pasaba,vale o relato poor demais elocuente e arrepiante do Pai Mateu Coro:                         

“Os gobernadores de Taracu enviaron soldados por todas partes a descubrir      relixiosos.Non deixaron choupana nen celeiro,nen cova,nen cortello que non

            rexistrasen,levantando a palla e furgando en todos os recantos...Os cristiáns que me

asistian viñeron dicirme que compría que me embarcara,porque de outro modo non había seguridade nen  pra eles,nen pra min...Un hóspede arranxárame unha fosa ben

            disimulada,sin que ninguén se enterase.Tiña doce pes de largo e catro de ancho.

Escondinme alí co meu catequista.Pasabamos a oscuras fora do tempo de comer,rezar o Oficio e escribir cartas.Acabado esto,apagabamos a candea. Pasábannos a comida por un burato que se facía levantando a palla da choupana veciña,tan estreito,que só cabia unha cunca,e cerrábase non ben pasaba.Alí estuven 35 dias...Despois o meu hóspede arranxou outra cova como a pasada onde ó presente estou...Saio por unha porta a choza veciña onde cada noite se adereza o altar e digo misa...Os soldados non descansan pra dar comigo sabendo que ando cerca”( 12 ).

            Non é menos significativo o relato do Pai Domíngo Ibáñez de Erquicia:

            “Eiquí[Nagasaki]fanse mil dilixencias de cotío pra coller algún de nosoutros e así andamos a sombra de tellado...En anoitecendo saímos da casa onde estuvemos de día pra írmonos a  outra,porque en ningunha podemos estar máis ca unha noite.Logo confesamos ós enfermos que nos avisan...ata a hora de pechar as portas das rúas que adoita ser a eso das dez da noite,hora na que nos recollemos a casa onde pasaremos a noite e o día seguinte...Nestas ocupaciós pasamos a noite e o día con mil sustos de sermos presos...Damos gracias a Deus cando fai mal tempo,porque entón facemos meirandes lances como pescadores en rio revolto”( 13 ).

            Tamén escribe o Pai Xoán Bautista Baeza:

“A noite do Natal trinta discípulos de Xudas[apóstatas]rexistraron os arredores do meu escondite.Recorreron o bárrio casa por casa e só se lles pasou por alto a en que eu estaba...En toda a noite non fixeron outra cousa ca revolver todos os arredores...En poucas horas tuve que  mudarme de refuxio varias veces.Dunha parte botábanme.Noutra non  querían  recibirme.Houben  de  pasar a  noite  ó  raso  soportando  un  ventoglacial”( 14 ).

            Pode dicirse que un coello non se atopa máis perseguido de cas no monte en tempo de caza.O pago dos delatores era cousa cotiá.Por delación dun misioneiro cobraba o delator 500 moedas de prata;por a dun Irmau 300 e por a dun catequista 100.A un cristián pagábanselle 300.Por medo do tormento ou por mor da paga eran numerosísimos os apóstatas,pero eran aínda  moitos máis os que regresaban,e moitísimos os novamente convertidos.

            No  reino  de Fighasi fixeron os franciscanos no ano 1627 3.000 novos

cristiáns.

Escribe o Pai Diego de San Francisco:

“Quince anos fai non había 100 cristiáns e agora hai santos e bos na fe máis de 26.000 que se  convertiron  máis  co bo  exemplo  dos  santos  mártires  ca  non  con  palabras ou sermós”( 15)

.           Déronse toda clase de lances curiosos na vida dos misioneiros.O beato Pedro Vázquez,fillo da vila de Verín en Ourense,tostou a cara e disfrazouse de soldado xaponés con katana e waquisasi na cintura,pra conseguir entrar nos cárceres e administrar os santos sacramentos,ata que foi descuberto e martirizado.Houbo misioneiro que se fixo pasar por palafreneiro do verdugo do cárcere e iba canda él de casa en casa administrando os sacramentos.É pra lembrar o caso do franciscano que se fixo pasar por remeiro en Malaca pra chegar ó Xapón.

 

4.- Peche hermético dos portos

            Non só era imposible acabar cos cristiáns,senón que inzaban de continuo coma os cogumelos no outono.De cotío entraban no Xapón novos misioneiros que se valían de mil tretas pra logralo.Considerouse necesario pechar os portos a cal e pedra a todos os extranxeiros.A fin de imposibilitar calquera entrada impúxose a proba do fumié a cantos quixeran entrar.Algúns misioneiros tentaron entrar disfrazados de chinos,pero as facciós da cara imposible de seren disimuladas e o desconocemento do idioma eran outras tantas causas delatoras seguidas dunha morte case sempre segura.

            No interior das illas procedeuse a  un exterminio inexorable e brutal de todo anovo cristián.As familias sospeitosas  foron sometidas co máximo rigor a proba do fumié.Calqueira posible misioneiro era buscado a voz de pregoeiro,véndose eles obrigados a viviren agachados co risco de morrer si eran descubertos.Uns tras outros foron  atrapados.Perseguidos a sol e sombra con toda sevicia e furor,foron os cristiáns entregados a mortes horrorosas en número incontable.Cóntase que un millón de mártires subiron ó ceo naqueles anos.Os perseguidores e verdugos deberon pensar por un momento que estaba exterminada a  relixión de  mambán(así chamaban a cristián),convencidos de que xa podían descansar cheos de satisfacción en dar por exterminadas as ramas,as flores,os froitos e o tronco e ata as raices da árbore da fe cristiá.Ata esa crencia se tuvo no occidente cando Xapón se cerrou no seu misterio milenario sin apertura ó mundo civilizado durante máis de dous séculos sin que as naciós se puderan enterar do que alí dentro pasaba.

 

5.- Algúns dos moitos exemplos

            Narra unha testemuña holandesa:

“En 1626 foron levados arrastro diante do xuiz de Mongi[Nagasaki] sete homes e cinco mulleres e un neno de seis anos.Con ferro candente o roxo vivo foron marcados na testa co nome”cristián”.Preguntados:

            ¿Renegades?

            Responderon todos:

           Non

Aplicáronlles a marca candente nas dúas meixelas e eles permaneceron constantes.Foron tendidos no chau espidos e alí azoutados sin piedade con correas,ata que perderon o senso            Voltos en si,novamente foron interrogados:

            ¿Renegades?

            Resposta unánime:

          Non renegamos.Renegamos dos vosos fotoques

xuiz mandou que o ferro candente lles fora pasado por todo o corpo de cadiún,sobre todo por as partes máis delicadas e de vagariño.Cortáronlles os dedos das maus e dos pes.Ningún se queixou nen xiquera o neno.Cubertos de sangue,foron levados ó cárcere ata que,aburridos os verdugos,botáronos ó mar”.

Outro caso entre moitos de impasibilidade ante os tormentos foi o de 50 cristiáns a quen en maio de 1630 lles abriron en Simabara o pescozo con serra de aceiro pra despois agrandar o corte con serra de bambú.Botáronlles sal nas feridas diante dun médico que trataba de reanimarlos pra que ningún morrera.Deixaban que cicatrizaran as feridas pra volver reanudar o tormento ata que ou morrían ou se lles daba a morte dun xeito máis expeditivo que xa se supón que era matalos defi.-nitivamente.Nen os verdugos dos primeiros séculos do cristianismo lograron o emprego de tanta animalidade.

 

6.- Así morreron familias enteiras

            A  culpabilidade legal dun membro da familia implicaba a de todos os membros dela e,por o mesmo o castigo de todo o grupo familiar de pais e fillos e ata criados.

            Amarrada ó pau onde iba ser queimada,sostiña unha mai cristiá chamada Tecla nos brazos unha filla de catro anos.Agarrados os seus vestidos estaban outros dous fillos de 10 e de 8 anos.Outros dous xa maiores estaban pendurados en cadansúa cruz.Cando prenderon o lume,a mai animou coa súa voz a estes fillos afastados,namentres que coas maus acariñaba ós que a rodeaban ¡Qué valor o desta muller...!¿Quen pode non sentir horror na alma...?

            “A meniña díxolle a mai:

            Mamá,eu non vexo a luz A mai únicamente lle contestou:

Miña filliña,invoca a Xesús e María Cando lle presentaron a cabeza da súa filla pequena exclamou:

            Abenzoado sea Deus O esposo que estaba crucificado a beira da esposa falou e dixo:

            ¡Qué consolo é morrer así xuntos na santa cruz coma Noso Señor Xesucristo!

            Os pais e os fillos morreron todos sin fallar ningún

            Outro caso dunha mai a quen lle preguntou o verdugo:

            ¿Queres que o teu fillo viva?

            Como única resposta dixo a mai:

Non quero que viva sin min.Quero que morra canda min porque coma min é     cristián e quero levalo ó ceo comigo

            Abundosa en pormenores curiosos sobre a valentía dos mártires é a Relación do franciscano Pai Diego de San Francisco.

            Váleannos algúns casos ocurridos no ano 1622:

            “A rigurosísima e moi cruel persecución ocurriu neste ano de 1622  no que foron martirizados máis de cen gloriosos mártires,coarenta queimados vivos e máis de sesenta cortadas as cabezas por a fe de Xesucristo...Dos queimados vivos eran...do noso Pai San Francisco sete relixiosos...Da Orde de Santo Domingo foron queimados otros sete relixiosos;da Orde de San Agostiño,o santo Frai Pedro de Zúñiga,e da Compañía de Xesús foron queimados vivos tres relixiosos...Morreron todos con tan grande ánimo e fervor,que deixaron edificados a millares de cristiáns que os estaban mirando”( 16 ).

O mesmo refire da beata Lucía Fernández de Fletes,da Terceira Orde de San Francisco,de quen narra que era

            “tan fervorosa e devota que,cando a levaron pra queimala,animaba con un Cristo na mau as demáis mulleres que levaban pra cortárenlles as cabezas.Vendo esto os verdugos,quitáronlle o crucifixo e déronlle moitas couces e labazadas pra facela calar.Lucía cantaba en voz alta o Magnificat e animaba as demáis mulleres dicíndolles:”Non teñades medo e  póde en Deus a  vosa confianza.Tede fe de que vos dará fortedume” Cando a queimaron,estuvo tan firme e sin moverse,coma si fora de bronce...O mesmo dia 10 de setembro e na  mesma hora fóronlle cortadas as cabezas a 31 santos mártires,homes e mulleres e ós seus fillos varós por caseiros e hospedeiros dos santos relixiosos mártires e algúns por seren veciños dos devanditos caseiros,que tamén ten pena de morte si non acusan a quen ten relixiosos na súa casa aínda que non o sábean.Entre estes 31,unha santa muller tomou un fillo pequeno que tiña nos brazos e levantouno no alto e dixo:Este ofrézollo a Deus asemade coa miña vida.Logo o verdugo cortoulles a cabeza a mai e máis ó  fillo.Outros  miniños pequenos de seis e de oito anos morrían sin choraren,antes con moita ledicia...E outros nenos cando vían sacar a espada  ós  soldados,abaixaban a cabeza e esterricaban o pescozo pra  que llo cortasen”( 17 ).

            ¿Quén pode pedir máis a un heroe?.Pois aínda hai máis.O  mesmo día 10 de setembro de 1622  foron asados vivos outra trintena de mártires.O día 11 de setembro cortáronlles as cabezas a  un mozo e a dous nenos,fillos dos caseiros dos relixiosos.O día 12 seguinte foron martirizados en Omura outra serie de relixiosos asemade con outros 15 xaponeses.

            Todos estes mártires eran froitos da  presencia dos relixiosos,como di o mesmo Pai Diego de San Francisco:

            “Anque persiguen esta igrexa do Xapón agora máis ca nunca os xentís e os

            herexesholandeses e algúns renegados,con todo eso,vai en maior aumento en número

            de cristiáns e  fortedume pra  perseveraren na  fe.Despois que viñeron ó Xapón os

            relixiosos do noso Pai San Francisco,Santo Domingo e San Agostiño,ten esta igrexa

            do Xapón  máis de 300  mártires ata hoxe 19 de outubro de 1622,non habendo

            ningún mártir antes que viñesen.Antes había moi pouca  fe nos cristiáns,como lles

            consta a todos,que con facilidade renegaban reinos enteiros cos seus señores,e

            agora,gloria a Deus,despois que no ano de 1597 foron crucificados por a fe seis

            relixiosos do noso Pai San Francisco con vinte xaponeses,e despois outros relixiosos

            das outras Ordes ditas,ata as mulleres e  nenos padecen cada día por a fe por o que

            ben se bota de ver a pouca razón que ten os que din[xesuitas] que  as tres Relixiós

            ditas non son necesarias no Xapón”( 18 ).

            Sería moi pracenteiro continuar por este camiño,pero penso que non é o pincipal obxecto do meu presente traballo,por eso me afasto del.

 

7.- Faltan operarios

            A desamortización en España feriu de morte a súa influencia nos paises de oriente con expulsar dos conventos ós relixiosos,imposibilitando con elo a cohesión interna que eles poderían prestar ós intereses non s relixiosos,senón tamén políticos e nacionais.Desde aquel momento precipitouse no caos o poderío de España por mor da pésima política dos gobernantes.

            España deixou de contar pra  nada no concerto internacional ó paso que nos paises do afastado oriente triunfou a masonería e o dominio de Estados Unidos que acabou co pouco que restaba do poderío español.

            Coa supresión dos conventos viuse España na imposibilidade de acudir ós postos misionais do afastado oriente onde,por outra parte,non tiñan as demáis naciós cristiáns máis ca un pobre historial misioneiro incapaz de servir de sustituto.Practicamente viuse a igrexa católica na precisión de partir de cero cando pensou en revitalizar o empobrecido cristianismo de oriente.Foi necesario iniciar o movimento misional por China e Corea coa mente de chegar dende eses lugares ó Xapón.En Corea foi creado en 1831 un vicariato apostólico separado de Pekín e agregadas a ese vicariato en 1836 as illas Ryukyu co proxecto de convertilas en cabeza de ponte prá unha posterior penetración no Xapón.

            En 1846 foi nomeado o misioneiro francés P.Forcade vicario apostólico de Corea..O  fracaso acompañou aqueles intentos,e todos remataron coa morte dos misioneiros.A derradeira persecución de 1866 acabou coa vida de dous bispos,sete misioneiros e uns 8.000 cristiáns dos 25.000 existentes e tamén con todo intento de penetración pacífica.

O primeiro intento máis ou menos exitoso de aproximación ó Xapón,por máis que fora violento ó estilo yanqui,tuvo lugar o día 7 de xullo de 1853 coa presencia na baia de Iokohama da escuadra do comodoro norteamericano Matheu Perry,vomitando lume e fume dos cañós que apuntaban cara os xaponeses congregados pra contemplar medio asustados aquela aparición de castelos flotantes encima das augas surcadas ata aquel momento únicamente por as débiles funeas de pescadores.

            Aquela manifestación de forza fixo espertar do seu sono ó Xapón que,a partir daquela,foise incorporando de vagariño e moi a seu pesar a civilización de occidente.Sin embargo,continuou impermeable a penetración relixiosa ata que en 1558 conseguiu o goberno francés permiso e garantia de libertade relixiosa a prol dos extranxeiros nos portos e máis en Tokio.Foi daquela cando o misioneiro francés Gerard pudo establecerse en Tokio como membro da comunidade do seu país.En 1862 establecéronse os misioneiros do Instituto Misioneiro de París en Nagasaki,coincidindo este acontecemento ¿providencialmente? coa canonización nese mesmo ano dos protomártires do Xapón.

 

8.- Grata sorpresa do misioneiro

            Non se imaxinaba nen pensaba o Pai Bernardo Tadeo Petitxeán a sorpresa que recibiu ó pouco de chegar a Nagasaki en 1862.Durante os primeiros tempos da súa estancia sentíu un pouco de preocupación,mais non desalento,ó atoparse tan só nunha terra extraña e exótica.E o que moito lle extranou foi non atopar ningún resto aparente de anterga vida cristiá.Continuando no seu afán de sentar os alicerces da obra misional,o primeiro a que se dedicou foi a construcción dunha capela onde poder iniciar o traballo apostólico.No horizonte continuaba sin descubrir indicios dun camiño pra seguido na súa andaina misioneira e pensou que él era o destinado a lograr a apertura dese camiño¿É posible -preguntaríase unha e outra vez- que non se perpetuara nestas terras ninguha reliquia do cristianismo dos pasados tempos? ¿É posible que a persecución,por máis sañuda que ela fora lograra  arrincar de raiz a árbore da fe...? ¿É posible...Non remataba de preguntarse o misioneiro.

            Un dia cando estaba na capela rezando o Oficio divino chegoulle a resposta as súas preguntas.Aproximáronselle unhas mulleres que moi pronto iniciaron conversa con él en canto pudo ser posible a conversa do misioneiro cos seus iniciais conocementos da  nova lingua de difícil comprensión.Cerrou o misioneiro o libro do rezo disposto a escoitar ó grupo das mulleres.Tras as cerimonias tan adoitadas no Xapón,preguntáronlle de súpeto:

            ¿Conoce vostede a”Virgen Santa María”?(O nome”Virgen Santa María”dito en español).A pregunta encheu de abraio ó misioneiro que se puxo en actitude de responder ás curiosas mulleres.Comenzou por ensinarlles a imaxe da Virxe que presidía o altar da capela,ó mesmo tempo que lles iba explicando quen era a Virgen Santa María”.

            As mulleres proseguiron a preguntar:

“Virgen Santa María”ten nos seus brazos”on ko Xesú Sama(ó santo neno Xesús

Señor).Nosoutras celebramos o 25 do mes primeiro do inverno o nacemento de Xesú Sama      que,dacordo cos nosos devanceiros,naceu ese día a medianoite da”Virgen Santa        María”.

            Tras explicarlles o misioneiro o nacemento de Xesú Sama,seguiron preguntandolle as

            mulleres:

            ¿Quen vos mandou

            O misioneiro contestoulles:

             Eu veño de parte do vicario de Xesú Sama que se chama Papa.

            Explicoulles quen era o Papa e deseguida exclamaron as mulleres:

            Ah sí.O Papa é o”Xefe da Gran Doctrina”.Os nosos antepasados nos falaron dél e         dixeron que vive en Roma.

            As mulleres insistiron en preguntar:

            ¿Tú veneras a”Virgen Santa Maria”?(Sempre en español).Nosoutras oímos que hai quen non a veneran

O Pai Petitxeán clarexoulles algo relativo ós protestantes que non veneran a Virxe María

            Insistiron as mulleres:

            ¿Onde está a tua muller e os teus fillos?

Contestoulles o misioneiro que él non tiña muller porque os sacerdotes católicos non a ten por virtude e por lei

As mulleres deron por terminadas as preguntas e,convencidas do que iban buscando,exclamaron postas de xionllos:

            Pai,nosoutras somos cristiás.Os nosos devanceiros deixáronnos tres sinais pra conocermos ós que cren  no”Xefe da Gran Doctrina”,ós que veneran a”Virgen Santa       Maria”mai de Xesú Sama”e ós que non ten muller propia.

            Tempo despois deste diálogo foi descubrindo o Pai Petitxeán a  existencia de familias cristiás ata lograr conocer máis de 20.000 cristiáns que conservaban libros,a fórmula do bautismo que practicaba un só ancián de cada pobo.Conocían o Acto de Contrición,o Credo,Ave María e o Pater Noster.Conservaban moitos recordos relixiosos como medallas,

imáxes da Inmaculada Concepción,de San Francisco,de San Antonio  e de Santa Clara. Rezaban o Confiteor e invocaban ó”noso Pai  San Francisco”(pronunciado en español). Conoceu o Pai Petitxeán individuos con claras noticias dos dogmas cristiás.Na casa onde se hospedaba presentáronlle representaciós dos misterios do santo Rosario e das imaxes de San Francisco e de San Antonio.

            Estes restos de devociós de liña marcadamente franciscana son ben boas probas de que aqueles cristiáns eran herdeiros de individuos pertenecentes a Orde Terceira Franciscana ou a Confraría  do  Cordón  moi  extendidas  ambas  a  dúas  no  Xapón  por  os  misioneiros franciscanos( 19 )

            No seo de moitas familias conservábanse as tradiciós relixiosas como algo sagrado,sin que os cristiáns conoceran nen foran conscientes da súa orixe.

            Sin dúbida que moitos xaponeses de hoxe levan sangue dos mártires dos séculos XVI e XVII sin conciencia dos seus ancestros.

 

9.- Evolución do novo cristianismo

            Acerca  deste particular soamente darei uns datos fundamentais.No ano 1866 foi nomeado o Pai Petitxeán vicario apostólico pra un grupo de cristiáns,fixados entón nuns 25.000.A aparición creciente de novos cristiáns na zona de Urakami,na veciñanza de Nagasaki,creou receos nas autoridades do país que dictaron en 1869 decreto de persecución seguido de desterros e deportaciós cara as zonas occidentais do país.As presiós das potencias estranxeiras lograron que estas medidas persecutorias foran suprimidas nos anos 1872 e 1873.

No ano 1876 foi dividido o vicariato en setentrional(Kioto) e meridional. Posteriormente foron surxindo no setentrional Hakodate(1891), Niigata(1912), Sapporo(1915), Nagoia (1922), Karafuto(1932),Iokohama(1937),Urava(1939) e Sendai.Do vicariato meridional saíron Osaka(1891), Shikoku(1904), Hiroshima(1923), Kioto(1937), Nagoia e Takamatsu.De Nagasaki saíron Fukuoka(1891),Oita(1891),Kagoshima e Naha(1972) .

            A poboación católica era en 1890 de 54.000.En atención o crecemento celebrouse ese ano en Nagasaki o primeiro Sínodo,seguido en 1891 coa creación da  xerarquía eclesiástica mediante as Letras apostólicas”Non Nobis” do día 15 de xuño con un arcebispado en Tokio e os bispados de Nagasaki,Osaka e Hakodate.En 1915 eran 75.000 os católicos,os 50.000 descendentes dos antigos mártires.

            Dende finais do século pasado foron chegando ó Xapón Congregaciós relixiosas, Maristas da ensinanza(1887,dominicos(1904),misioneiros de Steyl(1907).Os franciscanos chegaron en 1912 á prefectura apostólica de Sapporo integrada por Hokaido, Sachalín e máis tarde por as illas Kuriles.En 1913 fundaron os xesuitas a universidade Sofía en Tokio.

            Sin embargo,o avance católico non foi todo o exitoso que se desexaba debido a unha serie de razós como foron a carencia de personal e de medios,o excepticismo dos xaponeses e rechazo a  influencia  europea considerada exótica,extraña e contraria ós principios do estado e a representación do pensamento nacional.

  Todo aconsellaba un cambio nos métodos de traballo apostólico e foi o Papa Pio XI a partir do ano 1926 quen propiciou a creación do clero nativo,e a fundación de prefecturas apostólicas.Enviou delegados papais e celebrou unha serie de sínodos.Un gran paso foi dar luz verde a ideas innovadoras no tema dacontroversia acommodationis que tanto dera que falar en tempos pasados.Estas medidas de Pio XI xa estuveran con anterioridade na mente da igrexa.Como mostra abonda lembrar as palabras de Propaganda Fidei do ano 1659:

           “Non poñades o menor empeño nelo nen incitedes en ningún modo a eses pobos a      

           modificar as súas cerimonias,costumes e usanzas sempre que non contradigan as   

           ollos  vistos a relixión e boas costumes...A fe non rexeita nen combate as costumes e

           usanzas de ningún pobo se non son malas;por contra desexa que se conserven sin                  

           menoscabo”.(  20  )

Reiterando estas mesmas ideas de amplitude e comprensión relixiosa,dixo Pio XI en 1926

          “Ninguén desconoce...que a igrexa quere que as leis ou constituciós se

           acomoden as realidades que son propias de calquera nación ou reino”( 21 )

           Certo que no tema da acomodación relixiosa existiron esaxeraciós,pero sempre foi clara a posición oficial da igrexa.En relación co Xapón foi nomeado en 1927 Ianuarius Haysaka primeiro bispo de Nagasaki a quen se lle deu en 1937 como bispo axudante con dereito a sucesión a Paulo Aixiro Iamaguchi descendente dos antigos mártires cristiáns.A partir de 1936 foi concedido ós cristiáns xaponeses poder participar nos actos meramente civís e nos ritos de enterros,vodas e noutros actos costumistas.Incluso afirmou Pio XI o dereito e ata obrigación de participar nas cerimonias patrióticas.Moi favorable a penetración católica resultou a declaración do emperador en 1946 no senso de que os vellos dogmas nacionais non eran máis ca sinxelos ritos

                        En 1958  traballaban  no Xapón 1.200 sacerdotes estranxeiros e 350 xaponeses;166 relixiosos estranxeiros e 250 nativos.Os seminarios de Tokio e Fukuoka tiñan 260 seminaristas.Eran 92 millós os habitantes do Xapón con tan só 363.000 católicos.

                        En 1980 existían as  tres provincias eclesiásticas de Tokio,Nagasaki e Osaka;a de Tokio coas sufragáneas de Niigata,Sapporo,Sendai,Uranka e Iokohama;a de Nagasaki coas sufragáneas de Fukuoka,Kagosima,Naha e Oita,e a de Osaka coas sufragáneas de Hiroshima,Kioto,Nagoia e Takamatsu.

 

10.- Colofón.Relato edificante

                        Como modelo das antigas crenzas cristiás no Xapón é un bo relato o que ofrece o franciscano Pai Huber ocurrido no ano 1835

                        Coa ocasión das celebraciós do terceiro centenario da morte do famoso daimio Idate Masumane que tanto favorecera os intereses relixiosos dos misioneiros franciscanos a quen levara en 1623 ós seus estados do norte pra protexelos contra a persecución,foi invitado o Pai Huber a dar unha conferencia.Ó final dela invitouno un ancián a que pasara por a súa casa onde lle ensinou unha imaxe marfileña da Virxe Santa María ennegrecida por o paso dos anos.Díxolle o vello que o seu pai morrera e que o avó lle entregara a imaxe como a herdeiro a quen correspondía a garda daquela alfaia que estuvera encomendada a súa familia de xeración en xeración.

                        O Pai Huber fai relación de canto lle informou o vello nos términos seguintes:

                       “Os habitantes deste lugar onde eu vivo non saben xa nada do       cristianismo.Non fai moitos anos atoparon eiquí moitos recordos dos tempos

                        dos cristiáns vellos.O meu avó entregoume esta imaxe dicíndome:

                        Garda ben esta reliquia.Tú es o herdeiro da familia e a ti che corresponde

                         seres o garda fiel desta alfaia”.

                       Proseguiu o vello referindo por miudo as recomendaciós e ensinanzas que lle deu o avó acerca do significado da imaxe de”Virgen Santa Maria”(así dito en español)

                        Engadiu o ancián:

                        Sendo eu de 15 anos fun liberado dunha enfermidade a troques da vida do

meu avó que lla ofreceu a”Virgen Santa María”a quen lle rezou nestes términos:Virxe Santa María,mira arestora a miña aflicción e outórgalle a saúde a este neno.E si é mester que veña pra min a morte,eu ofrézoche a miña vida por a súa.Así rezou meu vello avó e o neno durmiuse.Eu penso que durmín moito tempo,porque cando espertei xa o sol estaba  moi alto.As miñas dúas irmás,axionlladas a carón da miña cama,choraban sin consolo. Pensando eu que era por min,díxenlles:

                         Non choredes que xa estou póndome bo.O avó rezou por min a Virgen Santa      

                         Maria.

                        Elas choraron aínda con máis forza.A maior díxome:

                        O avó morreu esta noite.

                        Eu comprendín de súpeto toda a terrible grandeza do voto do meu

                        avó.A”Virgen Santa  María”escoitara a súa oración”.

Este xaponés  moi pouco sabía de quen era a”Virgen Santa Maria”e si conservaba a imaxe  na súa casa era por respeto a unha tradición de familia e  tal vez por o medo que sentía  desfacerse dela.Pra conocer todo o misterio da imaxe,invitou a súa casa ó Pai Huber a quen vira na conferencia facer inclinación de cabeza cando nomeou a”Virgen Santa María”.

Como bo fillo de San Francisco,amante da Virxe Santísima,instruiu o Pai Huber ó vello xaponés detidamente sobre quen era a”Virgen Santa María”

                        O Pai Huber prosigue o seu relato con estas palabras:

                        Despois de ben instruído,dicteille a”Ave María”que él copiou coa máxima               dilixencia.E,facéndome unha incrión ó estilo xaponés,díxome profundamente conmovido:

                        Agora vamos rezar xuntos por vez primeira a”Ave María”diante desta imaxe

                         que tantos salaios escoitou en momentos de tristura.

                        Remata o Pai Huber:

Eu non son quen pra describir a emocición que sentín cando recei con un descendente dos antigos cristiáns a pregaria Ave,Maria,gratia plena.

SIi de  algo  vale o anterior relato é pra mostrar o ben que superon os vellos  misioneiros franciscanos españois inculcar as verdades da  fe na alma dos seus cristiáns.

                        Hoxe a fe dos cristiáns dos séculos XVI e XVII regada co sangue de milleiros de mártires,inza con vigor crecente no Xapón.Cara ó cumio do Tateiama onde os protomártires de Nagasaki deron con alegría  xenerosa as súas vidas en defensa do evanxelio,mira a cristiandade daqueles miles de illas.No Outeiro dos Mártires elévase a igrexa de Santa María dos Mártires rexentada nos anos pasados por Monseñor Iamaguchi descendente dos antigos mártires.A carón da igrexa de Santa Maria dos Mártires os cristiáns de hoxe en día rezan,cantan e celebran o triunfo dos 26 valerosos campeós da fe que nun dia  xeado de febreiro de 1597 consagraron co seu sangue aquela  terra onde o sol ten o seu berce,

                        Examinada a xeografia do Xapón alvíscase constelada de igrexas e oratorios e de centros católicos entre os que destacan Seminarios Maiores e Menores en Tokio, Nagasaki,Fukuoka,Naha, Sakai,Sapporo e noutros lugares,e de Universidades e  colexios onde a xuventude feminina e masculina  reciben as ensinanzas empapadas por os principios do evanxelio nos mesmos lugares onde en tempos pasados se ensinaron as doctrinas da deusa Amida.Existen numerosos órganos de propaganda,de prensa,radio e  televisión,e boas ediciós de libros cristiáns encabezadas por a santa Biblia posta en xaponés.

                        A pesar das moitas limitaciós,hoxe abrolla no Xapón a fe cristiá coma unha mística flor de loto que se abre ó contacto coas raiolas vivificantes da gracia divina que irradia a palabra de Cristo.É a verdade da doctrina do evanxelio triunfante por encima das doctrinas falsas que foron donas das mentes humanas durante séculos.No Xapón comenzu a brillar definitivamente o sol.Xa era hora de que o sangue dos protomártires de Nagasaki fagan florecer os anovos da árbore santa da fe que nos regale cos seus sabrosos froitos.A esperanza é o gran consolo que temos  pra  podermos cantar en alta voz o himno do triunfo cristián:Christus vincit,Christus regnat,Christus imperat.E pra remate o adoitado nas Floriñas de San Francisco:.En louvanza de Cristo.Amén

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

N O T A S                                                                             

 

( 1 ).- RIBADENEIRA,lib.6,c.29,508

( 2 ).- Ibidem,509

( 3 ).- JERÓNIMO:Relación,en Ribadeneira,lib.6,c.32,524.

( 4 ).- Ibidem,en Ribadeneira,lib.6,c.33,527

( 5 ).- Ibidem,en Ribadeneira,lib.6.c.33,526-527

( 6 ).- O Pai Lourenzo Pérez documentou esta embaixada de Ieiasu ó rei de España no ano 1610 nun traballo

publicado na Revista”Archivo Ibero Americano”,1929,pp.76-114.As condiciós que Ieiasu ofreceu foron           

amizade e bo trato ós españois nos portos e na terra xaponeses e”os relixiosos frades permíteselles estar             

onde quixeran en todo o Xapón”.En España estudiáronse os puntos da embaixada con excesivo             

           detemento nos anos 1612-1613.Cando en 1614 se tratou de dar contestación a embaixada,as                                 

           circunstancias cambiaran no Xapón onde se perseguía ós

( 7 ).- O Pai Lourenzo Pérez estudiou a embaixada do beato Lois Sotelo

( 8 ).- Teño posto máis dunha vez en dúbida a sinceridade do Pai Morexón,sin embargo,quero quero deixar

          consignada a súa opinión sobre Masamune:”Non faltou quen dixo que este señor era  catecúmeno e aínda

          algo máis,pero é evidente que endexamais tal foi ata   agora nen parece que lle pasara nunca por o

          pensamento.É verdade que  como é Tenci,ateo sin crer nen adorar nada,e de vida estragada,fai burla dos

          seus ídolos e sectas.e parécelle mal que o shogun sea tan cruel contra os cristiáns,non permitindo que

          cada quen sea da lei que queira.Así disimula con eles e ata os favorece un tanto coa esperanza do

          comercio coa Nova España e Filipinas que él moito devecía...Este e non outro foi o propósito de vir a

          Nova España con mercadorías un seu navío e mandar un criado seu a España,como é notorio”

          Este relixioso sempre foi moi dado a artellar suposiciós sobre fundamentos moi personais e falsos ou

         cando menos sin fundamento.O único certo foi que Masamune enviou navíos a Nova España e unha

         embaixada a España.O demais que Morexón lle apón ata con certa crueldade foi producto da súa

          fantasía.Cousa certa foi a protección que Masamune lles deu ós franciscanos no seu reino.Eso pudo non

         ser do agrado de Morexón tan pouco amigo dos relixiosos españois,aínda que él era español de Medina

         doCampo

         En 1623 escribiu o Pai Diego de San Francisco:”Foi ben recibido de Masamune o dito                        

        relixioso  [Pai Francisco Gálvez]e permitiulle estar alí e predicar,e ata o día de hoxe estuvo e está na     súa  corte un religioso continuamente,acudindo ó consolo dos cristiáns daquel reino donde hai moitos                     

        ºsustentando a cristiandade que fixeron alí os nosos relixiosos e facendo de cotío outros moitos coa protección do tono Masamune”[Pai Lourenzo Pérez”Mártires del Japón el año de 1623”en AIA,ano X,(1923),356]

( 9 ).-Tocou este punto das liortas entre xesuitas e dominicos o Pai Lourenzo Pérez no seu t      raballo”Héroes del  cristianismo en el Japón en el siglo XVII”publicado enAIA,(1928) 308-351,a base de datos tomados da”Información sobre el proceder de los Padres de la Compañía en Japón contra la devoción del santo Rosario”e de outra titulada”Papeles contra los Padres de la Compañia” .Unha das regras do Pai Zola era:”A ningún Pai que veña  eiquí,caso que veña algún,non o vexan nen vaian a onde está sin licencia do maordomo de esta  Confraría”.
         Outra di”No en tanto desta persecución non recibirán os santos acramentos de ningún outro Pai fora do Pai Zola”.
( 10 ).- DIEGO DE SAN FRANCISCO:Relación.Publicouna o Pai Lourenzo Pérez  na Revista”Archivo Ibero Americano”,ano IX,(1922):”Mártires del Japón en el año 1622”,145-173.A cita na páxina 157.

( 11 ).- CONSTANTINO BAILE,S.I.,132(Vid.Bibliografía)

( 12 ).- Ibidem,138

( 13 ).- Ibidem,139

( 14 ).- Ibidem,

( 15 ).- DIEGO DE SAN FRANCISCO,[10],AIA,II(1914)

( 16 ).- Ibidem.Publicou esta información do Pai Diego de San Francisco o Pai Lourenzo Pérez no traballo                             

           Carta de Fray Diego de San Francisco a Paulo V”,en AIA,XI,(1934),276-279.

( 17 ).- Ibidem,154-156

( 18 ).- Ibidem,165-166

( 19 ).- A propósito da devocion dos xaponeses ó cordón de San Francisco cómpre copiar palabras doÇ

 Pai Ribadeneira  no capítulo dedicado a esto titulado La devoción con que era recibido el Cordón”.Coa particular afección que tiñan todos os cristiáns ós frades,aínda que moitos tiñan algunhas contas benditas,...cobraron moita devoción as contas que lles daban os frades...Tamén lles publicaron despois  as indulxencias do Cordón que lles enviaron dende Manila...e un libro do modo como se debía fundar a Confraría do Cordón e das indulxencias que ganan os que forman como confrades.Dábanse os cordós bendecidos por o prelado con grande autoridade despois da  misa escritos os que o recibían nun libro  que eran tantos,que nos puñan admiración,porque de todas partes onde había cristiáns,viñan ou enviaban  a bendicir Cordós,traendo tanta moitedume deles xa feitos,que algunhas veces vin eu sacas  deles  co  nome dos donos escrito en cadanseu cordón pra que ficase escrito no libro dos frades.Facíase amén a procesión por medio da igrexa un domingo cada mes...As mulleres adoitaban  traer o  escapulario de Santa Clara ó que están concedidas moitas gracias,e aínda que fora da igrexa o traguían  escondido, despois que entraban nela descubríano e  rezaban o que era necesario pra ganar as indulxencias...E aínda que os xaponeses aprenden con dificultade a nosa lingua ou a latina,todos prenderon o Gloria Patri pra ganar co Cordón a Estación que chamamos os cofrades do Santísimo Sacramento e que outros chaman Indulxencia,que son seis Pater noster e seis Ave Marías e despois de cada Pater noster e Ave María un Gloria Patri et

Filio...Os cristiáns  familiares e veciños dos frades e os leprosos,rezaban en voz alta moitas das oraciós que se mandan rezar pra ganar as indulxencias das Contas e do  Cordón(Ribadeneira,lib.4,c.28,396-397).A Confraría do Cordón continuou vixente durante

             o século XVII.En 1620 manifestou o Pai Diego de San Francisco dos cristiáns de Iedo:”Estaban

             repartidos en doce Confrarías do Cordón os homes,e  as mulleres en catro,e facían os santos   

             ejercicios  coma si non lles houbera faltado ministro”(Lourenzo Pérez:”Mártires del Japón el año

             1623”,en AIA, X,(1923),336-362.A cita,na páxina 353.

            Esto dito abonda pra demostrar a devoción que os cristiáns do Xapón conservaron no seo das familias

            estas devociós de impronta case esclusivamente franciscana.

( 20 ).- Hubert Jedin:Manual de Historia de la glesia.Barcelona,1988,VIII,776

( 21 ).- Ibidem,776

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

          
 
 
 
 
 
                             APÉNDICE
 

FOTOGRAFÍA CO HIMNO  EN HONOR DE SAN FRANCISCO BLANCO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

          GOZOS EN HONOR DE  SAN FRANCISCO BLANCO

 

En una cruz expiraste                   Por ganar almas a Cristo,

imitando al Redentor.                   te vas a país extraño,

Haz,Francisco,que llevemos      y formas allí un rebaño 

nuestras cruces con valor.         del que Dios te hace pastor;

                                                      y es tal el celo que muestras

Por seguir de cerca a Cristo,         por tus amadas ovejas,

un adios al mundo dáis                 que sacrificarte dejas

y en la  escuela os alistáis             para mostrarles tu amor.

del  Serafín del amor;                    Haz,Francisco,que llevemos

y de tal modo aprendéis                 nuestras cruces con valor.

las seráficas lecciones,

que causáis admiraciones              Te condenan a morir

al que observa vuestro ardor.         en un infame madero,

Haz,Francisco,que llevemos        y,al verlo,corres ligero

Nuestras cruces con valor            y lo besas con amor;

                                                        después en él acostado

Prueba Dios vuestra paciencia        como víctima inocente,                                               

en la fragua del tormento                ves que una turba insolente

y os envía el sufrimiento,                se burla con gran clamor.

la enfermedad y el dolor,                 Haz,Francisco que llevemos

y tan valiente os mostráis                nuestrss cruces con valor.

en esas pruebas tan duras

que halláis en sus amarguras            Una lanzada cruel,

grande y celestial sabor.                    estando en la cruz alzado,

Haz,Francisco,que llevemos           atravesó tu costado

nuestras cruces con valor.              con indecible dolor,

                                                           y a los cielos dirigiendo

Acostumbrado a sufrir,                       tu suplicante mirada,

de aquel que sufre te apiadas              mueres por tu grey amada

y le ofreces las pomadas                     cual murió tu Redentor.

que confecciona tu amor;                    Haz,Francisco,que llevemos  

y en tal modo compadeces                  nuestras cruces con valor.

todas miserias y males,

que corres los hospitales

cual médico salvador.

Haz,Francisco,que llevemos

nuestras cruces con valor

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                        ÍNDICE XERAL

Prólogo

Bibliografía

Verbas do autor

CAPÍTULO PRIMEIRO: LUGAR E DATA DO NACEMENTO

1.- Et in Arcadia ego

2.- Ó encontro co berce do mártir

3.- No Tameirón,patria verdadeira

4.- Data do nacemento

5.- Seguindo as súas pegadas

6.- Neno das ovellas

7.- Tamén houbo floriñas

8.- E o neno foi medrando

CAPÍTULO SEGUNDO: SAGA DOS BLANCO

1.- En busca das raíces

2.- Pasos infructuosos

3.- Camiño verdadeiro

4.- Ábrese a Saga dos Blanco

5.- Seguindfo o filón da Saga dos Blanco

6.- Un mecenas

 

CAPÍTULO TERCEIRO: DE NENO A MAIOR

1.- Promoción ó estudio de Gramática

2.- Camiño de Monterrei seguindo o Camiño de Santiago e o río Támega

3.-.Chegada ó Colexio Santiago de Monterrei

4.- Centro irradiador de luz intelectual

5.- Centro irradiador de calor de fe

6.- Protagonista anónimo

7.- Datos históricos

8.- Escola de misioneiros

9.- Presencia franciscana en Monterrei

 

CAPÍTULO CUARTO: DESCUBRINDO UN HEROE

1.- O sacerdocio,ideal supremo

2.- Importancia da tonsura clerical

3.- De estudiante de Gramática a cursante de Artes en Salamanca

4.- Do claustro da universidade ó claustro franciscano

5.- Novicio no convento de San Francisco de Vilalpando

6.- Estampa dun aspirante a santo

7.- De novo estudiante en Salamanca

8.- Baixo o ceo de Galicia,na beira do mar de Pontevedra

9.- O benaventurado Xoán Navarrete fixo o milagre

10.- Son poucos os escolleitos

11.- ¿Pódese pedir o martirio?

12.- ¿Aínda máis milagres?

13.- Clarexando feitos

14.- A verdade non é calumnia

15.- Vocación misioneira a toda proba

16.- Solución baixada do ceo

17.- Profesión Solemne

18.-Varón de sonos cumpridos

19.- A través de montes,vales e chairas

20.- Derradeira parada no Tameirón

21.- No porto de  embarque

CAPÍTULO QUINTO: MISIONEIRO EN MOVEMENTO

1.- Longa espera nos portos de embarque

2.- Essperaanza ilusionada

3.- Misión en marcha

4.- Alistamento de misioneiros

5.- Partidas de aviamento

6.- Viaxe fracasada da primeira parte da misión

7.- Partidas de entretemento e hospredaxe dos misioneiros

8.- Estancia en Sevilla,Sanlúcar de Barrameda e Cádiz

9.- Leva de áncoras e vento en popa

10.- Regulamento de vida.Estudio de San Francisco Blanco a bordo

11..-Nas terras da Nova España

12.- Apertas ó vello Sebastián de Aparicio

13.-  Seguindo o camiño arranxado por Sebastián de Aparicio

14.- Sacerdote in aeternum do Deus Altísimo

15.- Nas illas do rey Don Felipe de España

CAPÍTULO SEXTO: NO IMPERIO DO SOL NACEENTE

1.- Cruzando as augas do Mar do Sur

2.- As realidades do Xapón

3.- ¿Quén era Taicosama?

4.-  Botós de mostra do mal talante de Taicosama

5..- Embaixadas do Gobernador das Illas Filipinas

6.- Non todo era ourego en Manila

7.- Nubarrós no horizonte

8.- Humildade versus arrogancia e orgullo

9.- Homenaxes na corte imperial

  10.-Primum vivere...

11.- Os pobres xa ten casa

12.- Métodos evanxélicos

13.- Labor benéfico–social en Kioto

14.- Novos operarios

15.- Maus a obra.Ampliando o  campo de traballo

CAPÍTULO SÉTIMO: ALTER FRANCISCUS

1.- Chegan os derradeiros operarios

2..- Alter Franciscus

3.- Os leprosos son bicado

4.- A Nova Teoloxía

5.- Situación do cristianismo no Xapón

CAPÍTULO OITAVO: ANNUS HORRIBILIS

1.- O inferno ó axexo dun cristianismo dividido

2.- ¿Evanxelizadores comerciantes?

3.- Mammona iniquitatis

4.- Programa franciscano en marcha

5.- Comportamento do bispo do Xapón

6.- Morran uns prá salvación dos outros

7.- Coa saía do bispo voltou a tranquilidade a Nagasaki

CAPÍTULO NOVENO: A HORA DE DEUS

1.- Probas a prol  de proxecto do ceo

2.- Proba primeira.Fenómenos portentosos

3.- Proba segunda:Terremotos de medo

4.- Proba terceira:Auri sacra fames

5.- O ceo atranca os camiños

6.- Rebenta a tormenta

7.-Abundancia de mes

8.- Sentencia de Taicosama contra todos os cristiáns

9.- San Pedro Bautista,embaixador  deica o fin

10.- Peripecias dos misoneiros

11.- Obediencia antes ca martirio

12.- A persecución atinxiu a todos os franciscanos

13.- Gracias,meu Deus

CAPÍTULO DÉCIMO: PER CRUCEM AD LUCEM

1.- Camiño do ceo

2.- Pasando por o tormento

3.- Festina lente

4.- Chegada ó calvario Tateiama

5.- No calvario de Nagasaki

6.- Mortes heroicas

7.- Corazonada da mai ¡Paquiño,fillo da miña alma!

8.- Sangue milagroso

9.- Romaría no Xapón

10.- ¿Quén contra Deus?

11.- O ceo glorifica ós heroes

12.- Glorificación suprema na terra.

CAPÍTULO UNDÉCIMO: ANOVOS EVANXÉLICOS

1.- Post nubila foebus

2.- De novo a tormenta

3.- A caza de misioneiros e de cristiáns

4.- Peche hermético dos portos no Xapón

5.- Uns exemplos entre moitos

6.- Así morreron familias enteiras

7.- Faltan operarios

8.- Grata sorpresa do misioneiro

9.-  Evolución do novo cristianismo.

10.- Colofón.Relato edificante.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1 comentario

adrian -

me gusto mucho